A compañía
- Inicio
- A compañía
Tarabela Creativa é unha compañía asentada en Lugo e fundada por Diego Gallego e por Carmen Conde que reúne sendas traxectorias profesionais en distintos ámbitos: Diego, procedente do mundo da produción e da xestión comercial; Carmen, guionista, narradora e dramaturga.
Perseguen dúas vocacións: a primeira, contar historias a través das artes escénicas e do audiovisual… A segunda, un fundamental labor de plantar a semente dos futuros contadores e contadoras en diverso formato a través da formación.
Baixo o seu selo teñen escrito e producido varios espectáculos de narración oral para público adulto e infantil, con grande presencia tanto en teatros e auditorios de Galicia, coma en festivais de diverso corte: “Elas Son Artistas”, “Agrocuir”, “De perto”, “A boca chea”, “Sete falares”, “Oikonomos”, “Festival Escena Muller”… A base de todo o traballo de Tarabela Creativa fundaméntase nas recollidas, que despois supoñen un arquivo e un repositorio dos que parten toda a escrita e a posta en escena.
Crearon a miniserie web “Premios Darwin”, así como a serie dixital sobre a historia da música en Galicia “Quéreme soar!” para a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Así mesmo, ocupáronse da dirección artística, guión e presentación dos IX Premios Martín Códax da Música Galega.
Teñen como eixos fundamentais a ruralidade, o silenciado e as disidencias.
Deste xeito, Tarabela Creativa completa a súa filosofía de achegar relatos que, tendo a súa orixe no común e corrente, alcanzan altas cotas de extraordinario.
Quen a traballa
Somos da periferia e escollémola como lugar dende o que crear e lanzarnos ao mundo.

Carmen Conde
Dirección, dramaturxia e narración oral

Carmen Conde
Dirección, dramaturxia e narración oral
Contadora con funcións nas dúas beiras do Atlántico, fundou en 2019 xunto a Diego Gallego a compañía Tarabela Creativa, onde escribe e dirixe todas as creacións escénicas. Tendo como base do seu traballo longos procesos de investigación e recollidas, Carmen é narradora oral dende 2004. Con espectaculos destacados neste eido, como “Tabú”.
Ademáis de ocuparse da dirección artística, guión e presentación dos IX Premios Martín Codax da Música Galega, Carmen é autora da serie web “Premios Darwin” e da miniserie “Quéreme soar” (producidas por Tarabela Creativa), así como do documental “Acordamos”, cartografía musical da Memoria Histórica de Pontevedra, dirixido por Uxía.
Dirixiu as compañías teatrais Atesta (da Asociación de Dano Cerebral da Coruña) e a da Aula de Teatro da USC- Campus Lugo.
Actualmente atópase en xira coas súas montaxes teatrais “Boa sorte, mala fama”, para público adulto e “A tarabela ambulante: IDEA”, para público infantil. Na segunda delas, fora de escena.
En todos os traballos, Carmen mantén un estrito contacto coa narración oral, colocándoa como pilar fundamental do que parte.

Diego Gallego
Xestión Cultural

Diego Gallego
Xestión Cultural
Traballou en Magnetova, Ibisa TV e Saga TV, coas que produciu diversas curtas, videoclips, documentais e vídeos corporativos.
Técnico de Cultura no Concello de Antas de Ulla.
Creador e organizador de eventos culturais como o Festival PrimaveraSons.
Director comercial en www.openradio.es, onde conduciu o programa Chequeo aos concellos galegos.
Cofundador de Tarabela Creativa xunto a Carmen Conde, onde se ocupa da produción e xestión comercial dos espectáculos en xira (“Boa sorte, mala fama”, “A tarabela ambulante: IDEA”, etc), así como da produción e xestión das series dixitais (“Premios Darwin” e “Quereme soar”).
Tamén asumiu a produción da compañía nos IX Premios Martín Códax da Música, nos que Tarabela Creativa se ocupou da dirección artísitica.