Blog
- Home
- Blog

Volve #ATarabelaAmbulante #Idea
O sábado, 21 de Febreiro. Ás 18hs. No Auditorio Neira Vilas (Biblioteca de Galicia) —Gaiás—. Especialmente recomendado a partir de 4 anos. Culturactiva S. Coop. Galega Vémonos na Cidade da Cultura esta fin de semana, familias!

A Tarabela Ambulante: IDEA en Lugo
Esta fin de semana xogamos na casa!! #ATarabelaAmbulante#Idea chega a Lugo a través de Cultura e Turismo de Lugo Vémonos o domingo, 18 de xaneiro. Ás 18.30hs No auditorio Gustavo Freire. Especialmente recomendado a partir de 4 anos. Culturactiva S. Coop. Galega Tedes xa as entradas dispoñibles! https://entradaslugo.es/evento/a-tarabela-ambulante-idea?type=familiar&fbclid=

Esta fin de semana para nós foi un agasallo incrible!!
Levamos #BoaSorteMalaFama á Ártika Cultura E Arte e sentimos que eramos recibidos na nosa casa, cun coidado e un agarimo incribles, cos anfitrións poñendo amor en cada detalle… Co seu traballo minucioso dende a militancia cultural… Tremenda sorte a nosa!! Podendo compartir de verdade con Anxo, Rocío, Marcos e Fer. Co público alucinante que nos

“Boa sorte, mala fama” na Sala Ártika de Vigo
Este 2026 comeza con moitas emocións! #BoaSorteMalaFama diríxese aos seus últimos portos e comeza o final da travesía. É moi ilusionante para nós botar áncoras na Ártika Cultura E Arte esta fin de semana. Unha verdadeira alegría chegar a este estandarte cultural Vémonos o sábado 10 e o domingo 11 ás 20hs. Info e entradas

A primeira parada do ano, no concello de Pontecesures
Mañá comezamos o ano escénico con #ATarabelaAmbulante#Idea Será ás 19hs. No centro social do Concello de Pontecesures Grazas ao programa +Escénicas da Deputación Pontevedra. De balde É un feliz ano novo!

“IDEA” no NADAL
Este Nadal #ATarabelaAmbulante#Idea irá, ao tempo que o sol alumea cada vez máis dende o ceo, percorrendo distintos puntos de Galicia!! Atentas e atentos ás datas e lugares! Mañá comeza!!

BO NADAL!
Hoxe chega o solsticio de inverno. E con el a esperanza de que cada vez máis luz solar alumee as nosas seguintes colleitas, para que o que sementemos medre e se dea ben! Por iso non hai mellor día para desexarvos que poidades coidar as raíces, que sigades as pegadas de quen vos precedeu (que

Rematamos o segundo ano de xira de #BoaSorteMalaFama
E fainos unha ilusión tremenda facelo con 43 funcións dende que comezamos esta singradura que terá o seu último porto no ano próximo. Vémonos o venres, 19 de Decembro. Ás 20.30hs. No Fórum Metropolitano da Coruña Entrada 9,80€. Ciclo Sen Numerar. Rematamos este 2025 nun dos principais portos de saída da nosa emigración. Comezaremos 2026

Hoxe, no Día Internacional das Persoas Migrantes, compartimos con vós os tres “talk shows” de #CruzaSenMirar
Co fondo agradecemento aos tres territorios nos que profundizamos estes seis meses, dende xuño ata agora, para poder falar polo miúdo dun tema fundamental cos e coas súas protagonistas. Esta conversa é só a semente. Quen nos dera que se convirta en árbore das que protexen a comunidades enteiras. Grazas ás educadoras e traballadoras sociais,
