Ir o contido

Narración oral

Costureiras

Sinopse

Costureiras é unha función de narracion oral a 2 bandas entre unha abadinesa afincada en Compostela e un cervense afincado na Coruña.

Unha conversa desnortada de dous norteños: Ángeles Goás e Felipe Díaz (Caxoto). Dende os recordos da infancia, dende as historias recollidas, dende a mirada actual da narración oral, … estes dous narradores comezan unha viaxe onde os contos se preguntan e responden a si mesmos.

A vida das costureiras era a vida de mulleres en casas alleas mentres levaban a cabo a súa laboura. Era a vida nos camiños dunha casa á outra. Enriba das súas cabezas carregaban a máquina de coser e debaixo da máquina; mil cousas que pensar… mil cousas que contar.

Un diálogo entre 2 namorados da palabra contada e o público onde o tempo pasa sen deixarse sentir…. entre puntada e puntada, cosendo un espectáculo a partires de retais de vida.

Vídeo

Fotos