Ir o contido

Narración oral

Divas de diván

Sinopse

Nas culturas celta, babilonia, sumeria, etrusca, nipona, azteca, semita, mesopotámica, exipcia, chinesa, xermánica, nórdica, lituana, grega e romana o pobo rendiu culto a distintas deusas da sexualidade, os desexos e mailo pracer.

En Galicia, nos tempos que corren, a carnalidade e o instinto teñen templo en case cada casa no corpo de cada muller. Non é o mesmo ser divinidade que diva. Pero por sorte as divas son moito máis fáciles de alcanzar. A Vero, a Ángeles e a Carmen xúntanse arredor dunha mesa mentres pican queixo de tetilla, comparten uns chouriciños e proban que pementos pican e cales non, para contarnos historias da erótica do noso país. Porque dende logo, si, cos contos que elas traen hai material para fundar a nosa propia mitoloxía.

Vídeo