Ir o contido

Narración oral

O que non estaba escrito

Unha escolma de contos na que ata a vida máis anónima roza o improbable e a maior normalidade choca co delirio

Sinopse

Carmen Conde leva 20 anos recollendo, escribindo e contando historias. Percorrendo toda a xeografía galega e conversando no camiño con centos de persoas que lle legaron xenerosamente anacos marabillosos das súas vidas. ‘O que non estaba escrito’ ten este título porque os relatos que Carmen conta non estaban escritos (certo!), mais tamén polo extraoficiais e polo especiais que son! Inspirados en todo canto apañou da oralidade, ficcionados pola propia Carmen nunha mistura indistinguible entre realidade e imaxinación e devoltos á voz falada, a través das narracións desta sesión para público adulto. Unha escolma na que ata a vida máis anónima roza o improbable e a maior normalidade choca co delirio.

Unha sesión onde Carmen falará de curas que se namoran, faixas de millóns en casas de pobres, bebés nacidos de hortas, mulleres evanxelizadoras do pracer ou o primeiro explorador de buratos negros, entre outros… Cada contada incluirá un repertorio distinto, perfectamente escollido en modo aleatorio para a ocasión.

Ficha técnica

Autoría

Carmen Conde

Narración oral

Carmen Conde

Produción

Tarabela Creativa

Distribución

Tarabela Creativa

Vídeo

Información

Fotos