Webserie
Premios Darwin
Sinopse
“Premios Darwin” é a serie web galega que chega dende os escenarios ás pantallas. Despois duns anos percorrendo Galicia cunha gala de premios na que todos os candidatos ás catro categorías (“Rigor Mortis”, “Mortes Interruptus”, “Thanatos” e “Mellor Morte estranexeira”) son protagonistas de historias reais vencelladas coa morte. Pero non calquera tipo de morte, non: senón a absurda. Todas e cada unha delas ocorreron na nosa vasta terra. Basta ás veces tamén con b. Como adxectivo. O galardón é unha gadaña que ninguén vén recoller. E, en calquera caso, consideramos que, aínda que non todas as historias son gañadoras, si todas son merecentes de ser lembradas.
Por iso, a xeito de obituario, de repositorio, é preciso facer este exercicio de narrativa audiovisual. Para que quede como pouso. Cargado de humor negro. E sobre todo, cheo de verdade.