Narración oral e Música
Vaites, Rapariga!
Sinopse
Non é preciso darlle moitas voltas: ‘Vaites, rapariga!’ é un western. Deses do Salvaxe Oeste. Salvaxe, pero non lonxano, ollo. Porque Carmen ‘Lingua Afiada’ Conde e Su Garrido ‘Guitarra Lenta’ Pombo únense para traernos as historias e as melodías do noso Noroeste. Onde as paisaxes galegas, as súas personaxes, o seu xeito de buscarse a vida, de enfrontarse aos conflitos e de explorar novas posibilidades teñen un “aquel” coas pelis de vaqueiros. Unha contada ao galope entre o Salvaxe Oeste americano e o Feroz Noroeste galego. Con toques de humor negro, surrealismo, emotividade e certo aire explosivo.
Tres historias: unha heroína que lidera a resistencia dos nativos chairegos. Un home delirante que marcha do Canón do Sil ao Canón do Colorado. O foraxido con máis chiripa de toda a costa oeste, de corazón grande e mans pequenas, que “a caga” xusto no último momento. Todo aderezado pola banda sonora a base de voz, pandeireta, sacho, guitarra ou loop.
Autoría
Carmen Conde
Narración oral
Carmen Conde
Composición
Su Garrido Pombo
Música ao vivo
Su Garrido Pombo
Iluminación
Diego Gallego
Son
Ezequiel Orol
Escenografía
Bieito Inc. e Pía Piadosa
Produción
Tarabela Creativa
Distribución
Tarabela Creativa
Vídeo
Información
- Data de estrea
- Xénero
- Idioma
- Duración
- Público
- 2024
- Comedia
- Galego
- 85 min. aprox.
- Adulto (+16)