Aínda que a súa historia (coma sempre) “non importaba” tanto como a dos homes.
Moitísimas quedaron en terra. Pero traballaron durante un tempo arredor da emigración. Carregando os baúis e as maletas de quen si que embarcaba rumbo á diáspora. Mulleres rurais que se achegaban ao porto da Coruña. Que levaban o peso do mundo sobre delas. E que intentaban gañar algún carto extra.
Despois iso tamén llo quitaron os homes.
Hoxe veñen a Galicia as mulleres migrantes do mundo.
Esta loita inclúe ás que veñen. Inclúe ás que marcharon. Ás que quedaron. Inclúe a aquelas das que non se fala.
Inclúe cada día do ano e non unha soa data.