Teaser: O MEU PAI NACEU O MESMO ANO QUE MICK JAGGER

02

Nov '26

O pai de Carmen Conde foi durante décadas especialista en dactiloscopia da Policía Xudicial. Un home que resolveu crimes descifrando a palma da man: unha especie de quiromante guiado pola ciencia. Como resultado, fixo centos de atestados que deixaron constancia da cartografía delituosa dunha Galicia delirante.

Nesta comedia destápase un enredo con toda a ralea posible de delincuentes —os que aparentan selo e os que non—, que se axudan e se obstaculizan mutuamente para cobrar unha herdanza millonaria de condicións moi peculiares.

Unha trama que demostra que, como ben di Conde, calquera pode ser delincuente… Por exemplo, vostede!

Comparte esta entrada :
Facebook
X
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp