Blog

Novas

Acordo de colaboración: Hotel Nordés vs Tarabela Creativa

Hoxe, o Hotel Nordés de Burela e Tarabela Creativa vimos de asinar un acordo de colaboración, mediante o cal tanto o hotel como o Rompeolas pasan a ser patrocinadores oficiais da montaxe teatral “O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger”. Ambos acollerán ao equipo da obra durante a segunda parte dos ensaios,

Novas

O MEU PAI NACEU O MESMO ANO QUE MICK JAGGER. Unha coprodución co Concello de Burela.

Novidades! Hoxe temos unha noticia moi especial que contarvos: xa temos cuartel xeral para a primeira fase de ensaios da nosa próxima peza teatral! Esta tarde estivemos no Auditorio Municipal Manuel Costa Casares, de Cultura Agolada. Grazas á colaboración da Concellería de Cultura e de Uz González, as primeiras semanas de setembro estaremos instalados alí

Novas

Nace o Ciclo Cultural: AS MAÑÁS EN NUGALLÁS no Parque Central de Galicia

Con moito amor, en Tarabela pensamos un programa completo que poña en valor o entorno do Centro Xeográfico de Galicia. Hoxe alégranos inmensamente compartilo con vós! Non perdades ollo do que vai pasar cada sábado e dádelle a seguir á páxina do novo ciclo cultural das coordenadas máis céntricas do país! Arrincamos pasado mañá!!

Novas

Pitching: O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger no #GaliciaEscenaPRO

Unha coprodución de Tarabela Creativa co Concello de Burela. Dramaturxia Carmen Conde. Dirección Avelino Gonzalez. Interpretación Fran Lareu Xose Manuel Esperante Davila e Carmen Conde. Produción Diego Gallego. Iluminación Dyango Pérez. Vestiario Natalia Otero. Estrea o 9 de outubro de 2026

A Tarabela Ambulante: IDEA
Novas

“IDEA” viaxa ata o Concello de Boiro

Acó vén #ATarabelaAmbulante#Idea disposta a enfrontarse con dragóns! Será o venres, 24 de abril. Ás 20hs. No centro social A Fieiteira de Abanqueiro do Concello de Boiro Para público familiar a partir de 4 anos. Venda de entradas unha hora antes da función. Agardamos por vós!

Novas

Presentación da Co-produción co Concello de Burela

O pasado mércores 8 estivemos presentando en Burela a nova comedia de Tarabela Creativa en coprodución co concello. O 9 de outubro chega aos escenarios “O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger”.

Novas

“O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger” estará presente no Galicia Escena PRO.

Aquí están os 18 espectáculos galegos seleccionados, así como os 13 proxectos que se presentarán en formato ‘pitching’ durante a próxima edición de #GaliciaEscenaPRO, que terá lugar en Santiago de Compostela do 25 ao 28 de maio. FORMATO COMPLETO – ‘Alén’, de Colectivo Glovo – ‘Alicia wants to’, de Bengala Teatro Físico – ‘Artur Ui,

Novas

Carmen Conde leva o seu “O que non estaba escrito” a Ribadumia

Vémonos mañá con #OQueNonEstabaEscrito no Auditorio do Concello de Ribadumia, ás 19hs. Narración oral para público adulto. çA través do programa +Escénicas da Deputación Pontevedra. Sobre praceres , cartos e todo tipo de fe.

Novas

“O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger”

É unha alegría inmensa para nós contarvos que xa hai un tempo que estamos traballando na nosa nova obra de teatro: “O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger”. Unha comedia en co-produción co Concello de Burela. E alí, en Burela, faremos a presentación oficial a medios o próximo 8 de abril. Con