#OQueNonEstabaEscrito da nosa Carmen Conde pasou hoxe polo Teleclub da Rilleira, dentro da programación #AVoltasCosContos do Concello de Barreiros

02

Ago '26

Foi para nós un pracer inmenso ver un local veciñal ao que se lle dá tanta vida e tan lindiño. Onde a xente da asociación cultural A Parrala non só foi un público estupendo, senón que ademais prepararon un café para compartir e conversar ao remate!

Graciñas, Estrella, da biblioteca de Barreiros, por levarnos a un lugar tan especial e histórico. Tanto, que os Satélites estrearon alí o seu primeiro palco!

Comparte esta entrada :
Facebook
X
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp