Acordo de colaboración: Hotel Nordés vs Tarabela Creativa

17

Xul '26

Hoxe, o Hotel Nordés de Burela e Tarabela Creativa vimos de asinar un acordo de colaboración, mediante o cal tanto o hotel como o Rompeolas pasan a ser patrocinadores oficiais da montaxe teatral “O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger”.

Ambos acollerán ao equipo da obra durante a segunda parte dos ensaios, que se levarán a cabo na Casa da Cultura burelesa dende a segunda metade de setembro ata a estrea, o próximo 9 de outubro.

O noso profundo agradecemento a Lina Gómez Pardo, concelleira de Cultura, así como á xerencia do Nordés e do Rompeolas: Noelia, Juan e Miriam.

Comparte esta entrada :
Facebook
X
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp