Blog

Boa sorte, mala fama
Novas

“Boa sorte, mala fama” na Sala Ártika de Vigo

Este 2026 comeza con moitas emocións! #BoaSorteMalaFama diríxese aos seus últimos portos e comeza o final da travesía. É moi ilusionante para nós botar áncoras na Ártika Cultura E Arte esta fin de semana. Unha verdadeira alegría chegar a este estandarte cultural Vémonos o sábado 10 e o domingo 11 ás 20hs. Info e entradas

Novas

A primeira parada do ano, no concello de Pontecesures

Mañá comezamos o ano escénico con #ATarabelaAmbulante#Idea Será ás 19hs. No centro social do Concello de Pontecesures Grazas ao programa +Escénicas da Deputación Pontevedra. De balde É un feliz ano novo!

Novas

“IDEA” no NADAL

Este Nadal #ATarabelaAmbulante#Idea irá, ao tempo que o sol alumea cada vez máis dende o ceo, percorrendo distintos puntos de Galicia!! Atentas e atentos ás datas e lugares! Mañá comeza!!

Novas

BO NADAL!

Hoxe chega o solsticio de inverno. E con el a esperanza de que cada vez máis luz solar alumee as nosas seguintes colleitas, para que o que sementemos medre e se dea ben! Por iso non hai mellor día para desexarvos que poidades coidar as raíces, que sigades as pegadas de quen vos precedeu (que

Tarabela Creativa
Novas

Rematamos o segundo ano de xira de #BoaSorteMalaFama

E fainos unha ilusión tremenda facelo con 43 funcións dende que comezamos esta singradura que terá o seu último porto no ano próximo. Vémonos o venres, 19 de Decembro. Ás 20.30hs. No Fórum Metropolitano da Coruña Entrada 9,80€. Ciclo Sen Numerar. Rematamos este 2025 nun dos principais portos de saída da nosa emigración. Comezaremos 2026

Novas

Hoxe, no Día Internacional das Persoas Migrantes, compartimos con vós os tres “talk shows” de #CruzaSenMirar

Co fondo agradecemento aos tres territorios nos que profundizamos estes seis meses, dende xuño ata agora, para poder falar polo miúdo dun tema fundamental cos e coas súas protagonistas. Esta conversa é só a semente. Quen nos dera que se convirta en árbore das que protexen a comunidades enteiras. Grazas ás educadoras e traballadoras sociais,

Novas

Esta fin de semana temos dúas ocasións para atoparnos!!

#VaitesRapariga Sábado, 29 de Novembro Ás 20hs Na Casa da Cultura do Vicedo. #BoaSorteMalaFama Domingo, 30 de Novembro Ás 18.30hs. Auditorio Reveriano Soutullo, Concello de Ponteareas. Ambas para público adulto.

Novas

Esta fin de semana temos tres novas citas:

#ATarabelaAmbulante#Idea Venres, 21 de Novembro. Ás 19hs. No auditorio de Cordeiro, en Valga. Público familiar. #VaitesRapariga Sábado, 22 de Novembro. Ás 19hs. No centro sociocultural de San Cosme de Barreiros. #ATarabelaAmbulante#Idea Domingo, 23 de Novembro. Ás 12hs. No auditorio municipal de Cerceda. Público familiar. Agardamos poder vervos!!