Blog

tarabela ambulante
Novas

Rula Roupa Rosal + Tarabela Creativa = planazo!

Este domingo 25 ás 18:00h, a Praza do Calvario énchese de imaxinación, música e xoguetes xigantes coa chegada de #ATarabelaAmbulante! No marco do mercado de moda de segunda man #RulaRoupaRosal, onde reutilizar é sinónimo de estilo e compromiso.

A Tarabela Ambulante: IDEA
Novas

Nova función #AtarabelaAmbualanteIDEA

A obra na que se nos encende a bombilla! Será o domingo, 4 de maio. Ás 18.30hs. No auditorio municipal do Concello de Mondariz. Para público a partir de 4 anos. Que por certo, falando de bombillas, disque durante un apagón existen moitas máis probabilidades de que se nos encenda a nosa bombilla propia.