Axenda

11 nov., 2024
❌✍🏻 Unha contada de Carmen Conde para público adulto que é o resultado de máis dunha década facendo recollidas 🎧 e de moitas horas misturándoas coa ficción 🥸 📣 A primeira cita será: 📅 O próximo 13 de novembro 🕣 Ás 20.30hs 📍 Na Casa das Campás (Vicerreitoría do Campus de Pontevedra) Universidade de Vigo 🤍 Un ciclo con narradoras incribles, como Sole Felloza, Cris de Caldas ou Amor 🤍 Seguímonos vendo ademais no paso do outono 🍁 ao inverno ❄️
05 nov., 2024
🚢 Chega o ✨FinDeXira2024✨ de #BoaSorteMalaFama con dúas funcións neste mes de Novembro 🚢 ⚓ E sumamos deste xeito un total de 22 portos dende a súa estrea o 4 do 2 deste ano, cunha travesía que nos está dando moitas alegrías, aprendizaxes e públicos marabillosos! ⚓ 🔔 Últimas paradas ata o 2025! 🔔 ✍🏻 Anotade as datas, despois este equipo bota áncoras ata xaneiro! 🫀 🧳8 de Novembro, ás 20.30hs. 📍Casa da Cultura do Concello de Valdoviño 🧳22 de Novembro, ás 21.15hs. 🎭Mostra de Teatro de Ribeira 📍No Auditorio Municipal de Cultura e Festexos Ribeira
27 out., 2024
🤠🧨 Foi un verdadeiro pracer a función de hoxe de #VaitesRapariga no Concello de Cambre 🧨🤠 As historias🏹 e as músicas 🪕 do Salvaxe Oeste galego e do Salvaxe Oeste americano déronse a man esta noite para un público ben xeitoso co que estivemos moi a gusto! 🐎 📸 As imaxes son unha escolma da beleza de traballo de Iván Mouronte , que nos acompañou ao longo do día. 🐄💥🚂💰 Seguimos véndonos, foraxidas!
16 set., 2024
🎭O Concello de Burela acolle, na Casa da Cultura, unha representación da obra teatral 'Boa Sorte Mala Fama", da compañía Tarabela Creativa. 📆Terá lugar o día 20 de setembro, venres, ás 21:00, con entrada a 4€. Está dirixida a un público adulto, a partir dos 13 anos de idade. 👉A obra conta con texto e dirección de Carmen Conde, que tamén actúa na mesma xunto a Nastasia Zürcher e Mariña Pena. Trátase dunha traxicomedia en tres actos, na que tres mulleres representan o rostro menos institucional e máis incómodo da emigración galega, a través da narración oral, a música ao vivo e a interpretación actoral. "Coincidindo co centenario das escolas vellas de Burela, esta representación é unha oportunidade perfecta para reflexionar sobre o papel das escolas de migrantes na transmisión da cultura e da lingua galega ás novas xeracións, tanto dentro como fóra de Galicia", sinala a concelleira de Cultura, Lina Gómez. "A obra pode ser vista como unha homenaxe a estas persoas que, a pesar das dificultades e da distancia, mantiveron un forte vínculo coa súa terra de orixe", engade a concelleira.
10 set., 2024
🎭 Este sábado, 14 de setembro, Betanzos acollerá a representación teatral titulada “Boa sorte, mala fama”, por conta da compañía Tarabela Creativa. ✨ Esta obra está dentro VII Ciclo metropolitano de música e artes pola igualdade 'Elas son Artistas'. 📍 Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo ⏰ 20:30 horas 🤗 Vémonos!
05 ago., 2024
🎭 Despois de dous meses, #BoaSorteMalaFama 🚢 retorna aos escenarios!! ⚓ Desta volta na 46° Mostra de Teatro Galego de Cariño 🌊 📆 Vémonos o xoves, 8 de agosto! 🕙 Ás 22hs. 📍 No Auditorio Municipal. Estamos desexando reatoparnos con vós! 🪞
08 xul., 2024
🌺 🌿 O IV Ciclo 'Entreculturas' comeza mañá no Xardín Botánico do Burgo 🌺🌿 ☀️ Conta cunha programación coidada ao aire libre para gozar das tardiñas do vrau ☀️ 🤠🐎 E aí, exactamente aí é onde estreamos #VaitesRapariga! 🐎🤠 Non hai un entorno mellor! Toda a información neste fermoso cartaz! 🌼
29 xuño, 2024
🔪 Carmen 'Lingua Afiada' Conde será a encargada das historias en #VaitesRapariga! 🤠 💰 ❌ A única foraxida que nunca dá a escoller entre "a bolsa ou a vida" porque ela directamente o que quere é escoitar as vidas da xente. 👂🏻Acusada de ter o oído máis fino de toda a costa Noroeste, cando de recollidas se trata. 🎖️Buscada polas autoridades das catro provincias para lograr que entregue pacificamente ao público as historias que ela mesma construiu e ás que lles sacou punta ata convertelas nun perigoso arsenal.🏹 🐎 Dispara asociacións imposibles, surrealismo, feitos comprobables, un toque de humor e outro explosivo. 💥 ❤️‍🔥 Ninguén a poderá deter. Quedan 12 días para a estrea. Pronto toda a información!
25 xuño, 2024
🧐 Prestade a mesma atención que esta fermosísima frisona da foto 👀🐄 agora que vos queremos falar da vaqueira que se ocupa da música ao vivo en #VaitesRapariga! 🪕🎶 🤠 Temos a fortuna de contar cunha auténtica buscadora de ouro 💰 no que a emocións se refire! Famosa en todo o Achegado Oeste pola súa sensibilidade, o certo é que Su 'Guitarra Lenta' Garrido Pombo ten ademais moitísimo sentido do humor! Capaz de roubarnos o corazón❤️‍🔥como boa foraxida, tamén se fará coa nosa alma a través do atraco con guitarra, sacho, serra, pandeireta, harmónica ou por suposto coa súa incrible voz... Realmente nunca se sabe que arma vai usar! 🎸🪚🌬️ Unha vez executado o roubo, non mirará atrás! Máis ben cara adiante, para o público, vaia! E finxirá que alí non pasou nada, sempre coa súa inmensa serenidade. A xente só se decatará do roubo demasiado tarde, seguramente tomando algo despois ou xa na casa, cando sinta unha doenza nas comisuras por rir 👄 ⏳Queda pouco para a estrea de Vaites, rapariga! O western d'aquí. 🐎
Máis eventos
Share by: