E pasamos a informar da próxima actividade que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén para a próxima semana.
A compañía de teatro Tarabela Creativa achega a Pazos de Borbén o seu espectáculo “BOA SORTE, MALA FAMA” para contar a historia máis “incómoda” da emigración galega.
Este evento está incluído no programa de animación á lectura e dinamización da Lingua Galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos; unha actividade financiada polo Concello de Pazos de Borbén e pola Deputación Pontevedra a través do programa +ÉSCÉNICAS de apoio á programación de artes escénicas en galego nos concellos da provincia de Pontevedra.
Tarabela Creativa ofrecerános o seu espectáculo “BOA SORTE, MALA FAMA” o Sábado 18 de Outubro a partir das 19:00 horas na CASA DA CULTURA DE NESPEREIRA con entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo do local.