O gran peche do Festival de Narración Oral “De Cobo a Xunco” chega este venres!
Venres 26 de setembro
22:00 h
Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián
Durante todos os venres de setembro gozamos dun festival itinerante que levou contos e historias a diferentes parroquias e locais sociais de Cervo, grazas á colaboración das asociacións veciñais e á proposta orixinal de Tarabela Creativa.
Agora chega o momento da gran gala final!
Carmen Conde (Embaixadora do Río Cobo).
Caxoto (Embaixador do Río Xunco).
As regueifeiras Lupe Blanco e Alba María, regueifando cada unha en representación dun río.
O público decidirá co seu aplauso que río gañará esta viaxe de narracións e tradición oral!
O noso agradecemento a todas as persoas e colectivos que fixeron posible este mes cheo de cultura, memoria e convivencia.
Non faltes, vén celebrar connosco esta noite especial!