Co fondo agradecemento aos tres territorios nos que profundizamos estes seis meses, dende xuño ata agora, para poder falar polo miúdo dun tema fundamental cos e coas súas protagonistas. Esta conversa é só a semente. Quen nos dera que se convirta en árbore das que protexen a comunidades enteiras.
Grazas ás educadoras e traballadoras sociais, esenciais. Ás ONG’s que dignifican. Ás asociacións que preservan a memoria de quen fomos. A cada persoa que xenerosamente nos contou a súa historia de migración e participou. A quen se animou a contala publicamente e a quen non. Aos centros de ensino. As áreas de Cultura de SANTA COMBA Info+, do Concello de Culleredo e do Concello de Ares. Ás dúas marabillosas artistas que nos acompañaron nestes tres talk shows: a poeta Yamini Teresa Prabhu e a narradora oral Soledad Felloza, que redimensionaron a conversa a través da súa arte. E, por último, ás intérpretes en lingua de signos, grazas a quen este diálogo pretende chegar a toda a veciñanza: Paula Gándara e Chusa Pérez de Vallejo.
Agardamos que sexa do voso interese, que vos aporte información e tamén ferramentas cando alguén diga así á lixeira un bulo, que poidamos frealos e que non se extendan.
Grazas a Cultura da Deputación da Coruña por premiar este proxecto no I certame “Fondo de apoio ao proxectos culturais singulares para a mellora social 2025”.
Talk show de Santa Comba
Talk show de Culleredo
Talk show de Ares



