Ir o contido

O Concello de Cervo celebrará no mes de setembro o festival de narración oral “DE COBO A XUNCO”

26

Ago '25

Este festival itinerante levará contos e historias cada venres a diferentes lugares e parroquias do municipio, cunha programación pensada para persoas de todas as idades que arrincará o 5 de setembro

O Concello de Cervo vén de presentar o Festival de Narración Oral “De Cobo a Xunco”, que se celebrará ao longo do mes de setembro, cada venres, en distintas parroquias e lugares do municipio. Na presentación participaron a alcaldesa, Dolores García Caramés e Carmen Conde e de Diego Gallego, en representación da compañía Tarabela Creativa, de quen partiu a idea orixinal da proposta.

“De Cobo a Xunco” toma o nome dos dous ríos cervenses —o Cobo e o Xunco— que percorren o municipio ata atoparse co mar, simbolizando o camiño compartido das historias que unen ás persoas e á cultura local. Este festival pretende programar a grandes profesionais da narración oral galega para o publico infantil e adulto, e crear unha competición sana entre ambos ríos nunha gala final que se celebrará no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián, o venres 26 de agosto, ás 22:00 horas, que contará con Carmen Conde como embaixadora do Río Cobo e con Caxoto como embaixador do Río Xunco; ademais de Lupe Blanco e Alba María que regueifando cada unha en representación dun río; o público asistente escollerá cos seus aplausos que río é o gañador.

Tamén haberá un recoñecemento a un persoeiro/a da Cultura de Cervo.

A alcaldesa Dolores García Caramés quixo poñer en valor esta iniciativa que aposta pola tradición oral como ferramenta de expresión, convivencia e memoria, ao tempo que animou a toda a veciñanza a participar nas diferentes sesións previstas.

Quixo agradecer especialmente á compañía Tarabela Creativa a proposta orixinal do festival, unha idea que recolle o espírito creativo e participativo de Cervo.

Comparte esta entrada :
Facebook
X
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp