Diseño del blog

Foron tan intensos estes días levando #QuenTenCúTenMedo dun lugar a outro que non nos deu tempo de máis rexistros fotográficos! Ata finais de mes non voltaremos falar dos medos nin dos seres do noso imaxinario! 👻🧙🏼 Pero vimos coa marabilla no peito de quen fai a metade das historias: quen as escoita, quen se compromete coa trama, quen se deixa levar... 💜✨

📸 Acó o colexio Victor Sáenz, de San Cosme de Antes, en Mazaricos, onde rematamos onte. Un centro educativo que parece un fermoso soño cumprido: polo amor do profesorado, a implicación en facer incrible o día a día e a escoita absoluta da rapazada, que se meteron nas historias coma quen se dispón con toda a emoción á aventura. 🥰
Share by: