Mañá venres 10 de marzo ás 21:00h no auditorio da Casa da Cultura terá lugar o espectáculo TABÚ, de Tarabela Teatro. TABÚ é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito de conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos.
Un show de narración oral coa misisón de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.
Recomendada para público xuvenil-adulto (máis de 13 anos) e con entrada de balde.
Esta actividade enmárcase dentro das programadas pola Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela para conmemorar o Día Internacional da Muller.
#8marzo2023
Concello de Burela