🎂 Cinco anos de Tarabela Creativa 🎂 Hoxe estamos de aniversario. Cremos nun soño e cada día traballamos como formiguiñas 🐜 para facelo realidade ✨
Tarabela ser somos estes dous. Ás veces parece imposible (porque o é) chegar a todas partes. E tamén nos parece por momentos que máis que dous, somos douscentos, pero non.
Temos a inmensa fortuna de dedicarnos a algo que nos enche, á nosa paixón. E de rodearnos de persoas marabillosas! ♥️
E a verdade é que cinco anos é pouco tempo, pero vivimos un lote de experiencias fermosísimas e un feixe de aprendizaxes (que é cómo se lle chama a aqueles eventos que che fan baixar santos do ceo) 😇
Un lustro enteiro. De materializar ideas, de atrevernos e de non romantizar, aínda sabendo que o noso oficio é unha verdadeira fantasía! 🧚🏼♀️
Benvido sexa o futuro! 🥳 Seguimos sachando!!