O pasado mes de xuño a Cultura da Deputación da Coruña emitiu o fallo do I Certame «Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social 2025».
E, para a nosa alegría, entre os proxectos premiados está “Cruza sen mirar”, a continuidade no eido social de “Boa sorte, mala fama”. Nos próximos seis meses estaremos traballando man a man co Concello de Ares , co Concello de Culleredo e co SANTA COMBA Info+ . En colaboración co Patronato Concepción Arenal , coa Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa Ong Mestura e coa Ongd Ecos Do Sur para tecer unha memoria emocional migrante de cada un destes territorios, xerando diálogos e puntos de conexión e reflexión. Con perspectiva decolonialista e antirracista e coa vocación de tender pontes.
É unha honra para nós formar parte dos vinte proxectos premiados cos que hoxe nos atopamos e compartimos na presentación.
Agradecemos ao equipo fermoso co que contamos para emprender esta viaxe!.
Imos aló!
A imaxe do proxecto é un deseño de Hei Castro.