Ir o contido

Videopodcast “Cruza sen mirar” Concello de Culleredo

23

Set '25

Hoxe botamos ao mundo o primeiro dos videopodcast de #CruzaSenMirar. Será o primeiro dunha serie de tres, nesta ocasión gravado no Concello de Culleredo onde traballamos man a man coas áreas de Cultura e Benestar Social e onde contamos coa colaboración da Ong Mestura.

Agardamos que sexa de interese para vós, encantaríanos ter abordado máis temas ou profundizar máis nos que se tocan, pero o tempo deu para un petisco. Puxemos todo de nós, para intentar facelo o mellor posible. Dende logo, botámolo ao mundo con moito cariño e respecto.

Grazas ás persoas que asistiron ás entrevistas individuais previas, ás que forman parte deste videopodcast, como David e Isabel e a Cultura da Deputación da Coruña por premiar “Cruza sen mirar” nos “Fondos de proxectos culturais singulares para a mellora social”.

Guión e entrevistas: Carmen Conde.

Produción: Diego Gallego.

Realización e edición: Víctor Grande.

Son: Ezequiel Orol.

Comparte esta entrada :
Facebook
X
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp