Ir o contido

Acó vai un petisco en imaxes dun peche de festival fermoso e divertido!!

27

Set '25

No festival de narración oral #DeCoboAXunco non podía gañar nin un nin o outro, porque o que gañou foi o orgullo e o sentimento: da xente polo seu territorio, a súa paisaxe e o lugar ao que pertencen.

Esta batalla dialéctica na que competimos con narración oral e regueifa, finalmente (e polo mesmo) máis que batalla foi unha festa!

Grazas xigantes ao equipo que encarnou esta fantasía:

Narración oral e embaixadas: Caxoto e Carmen Conde.

Regueifa e ríos: Lupe Blanco e Alba María.

Produción e iluminación: Diego Gallego.

Auxiliar de produción: David Taboada.

Vídeo: Víctor Grande.

Son: Ezequiel Orol.

Fotografía: Iván Mouronte.

Grazas ao público que co seu voto decidiu que non hai un río mellor que outro!! Por asistir, pola escoita, por ser parte!!

Grazas ao CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO por apostar pola narración oral deste xeito.

Ás asociacións veciñais, culturais e de mulleres que conforman o tecido asociativo, que nos abriron as súas portas e que tan ben coidaron de nós!

E ás narradoras e narradores que ata desembocar na gala final, a Ría, (igual que fan o Covo e o Xunco) foron percorrendo as parroquias con tantísima beleza.

Porque cando os ríos soan, contos levan!

Comparte esta entrada :
Facebook
X
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp