Se ben este venres chegamos a SANTA COMBA Info+ con #BoaSorteMalaFama mañá terá lugar un día moi intenso coa outra cara desta obra teatral: o proxecto #CruzaSenMirar Un espazo de diálogo entre distintas caras da migración.
Este verán gravamos o videopodcast que podedes ver nesta ligazón e que é o xermolo das conversas que haberá mañá pola mañá para o instituto Terra do Xallas e pola tarde para público xeral.
Coa participación de veciños e veciñas de Santa Comba chegados dende distintos lugares do mundo a vivir alí.
Das traballadoras sociais.
Da mediadora intercultural da Ongd Ecos Do Sur.
Da poeta Yamini Teresa Prabhu.
Da narradora oral Soledad Felloza.
Da intérprete de lingua de signos Chusa Pérez de Vallejo.
Mañá, martes, 14 de outubro.
Ás 19hs.
No auditorio do edificio multiusos Terra de Xallas.
Anímate a cruzar ao outro lado do espello sen mirar(te) tanto e querendo mirar a realidade doutras persoas ao redor!
Cultura da Deputación da Coruña