Ir o contido

Videopodcast “Cruza sen mirar” Concello de Ares

06

Nov '25

Velaquí vos deixamos o último dos videopodcast de #CruzaSenMirar , o gravado no Concello de Ares.

Contamos neste proceso coa colaboración de Cultura e Servizos Sociais, así como da participación inestimable da Agrupación Instrutiva de Caamouco.

Neste diálogo entre a emigración de Ares no pasado e a inmigración no presente puidemos conversar de varios temas con Dioma, de Senegal.

Con Rogelio, fillo de emigrantes galegos nacido en Cuba. Hoxe veciño de Ares.

E con Ernesto, un dos custodios da memoria migratoria de Redes no pasado.

Agardamos que vos resulte interesante.

Cruza sen mirar continúa, pero en formato “talk show”. Pronto poderedes ir vendo o resultado.

Cultura da Deputación da Coruña

Comparte esta entrada :
Facebook
X
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp