“O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger”

23

Mar '26

É unha alegría inmensa para nós contarvos que xa hai un tempo que estamos traballando na nosa nova obra de teatro: “O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger”. Unha comedia en co-produción co Concello de Burela.

E alí, en Burela, faremos a presentación oficial a medios o próximo 8 de abril.

Con texto de Carmen Conde.

Dirección de Avelino Gonzalez.

Interpretación de Fran Lareu Xosé Manuel Esperante e Carmen Conde

Distribución de Culturactiva S. Coop. Galega

Hoxe amosámosvos o cartaz de I. Mouronte B.

Estrearase este outono.

Toda a información a partir do 8 de abril!

Comparte esta entrada :
Facebook
X
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp